viernes, 27 de enero de 2012

Hola a tod@s de novo!
Queremos compartir con vós algunhas páxinas de interese e que nos serviron a nós de gran axuda.
Atopamos páxinas que tratan tanto os electrófonos coma outros tipos de instrumentos:


Tamén nos gustaría deixarvos algunha páxina que nos resultou de gran utilidade na búsqueda de información:





Esperamos que sexan do voso agrado, e vos resultasen interesantes!

jueves, 26 de enero de 2012

Ondas Martenot

Para finalizar coa explicación dos instrumentos máis característicos da familia dos electrófonos, explicaremos as Ondas Martenot.

As Ondas Martenot teñen un oscilador que xera ondas en foma de dente de serra, o cal se controla por medio dun teclado convencional e un alambre.
O teclado permite producir notas precisas sen dificultade. Tirando do anel adxunto ao alambre, o intérprete pode facer subir ou baixar o ton en gamas continuas. As ondas Martenot son un instrumento monofónico, é dicir, non produce notas simultáneas. Cando se presiona una tecla pode producirse un único son. Tamén posúe un banco de claves de expresión que lle permiten ao músico cambiar o timbre, o ataque, os harmónicos, etc., coa súa man esquerda.


A que é alucinante???

Theremin

O Theremin foi un dos primeiros instrumentos electrófonos. Inventado polo soviético Thermen en 1919, consta dunha caixa con dúas antenas.  A antena da esquerda (dende o punto de vista do músico) ten forma de bucle e con ela contrólase a intensidade (se aproximas a man, baixa o volume e si a alonxas, sube). A da dereita é unha antena vertical coa que se controla a frecuencia (a altura do son): se acercas a man aumenta a frecuencia (máis agudo) e si a alonxas, diminúe (máis grave).
O curioso do Theremin é que sona sen que o instrumentista toque fisicamente o instrumento, xa que o son é producido pola interferencia producida ao acercar ou alonxar as mans ás dúas antenas das que consta.

A nós déixanos desta maneira :O , COA BOCA COMPLETAMENTE ABERTA!!!! E a vós??

Sintetizadores

Un sintetizador xera e manipula sons por medios electrónicos. Con este aparato pódense crear novos sons así como producir así como reproducir os sons dos instrumentos musicais coñecidos.
A forma da onda xerada é alterada na súa duración, altura e timbre mediante o uso de dispositivos tales como: amplificadores, mezcladores, filtros, reverberadores, secuenciadores e moduladores de frecuencia.



miércoles, 25 de enero de 2012

O Violín eléctrico

Un violín eléctrico é simplemente un violín cunha sinal de saída electrónica. O termo pode referirse a un violín acústico con un transdutor electromagnético ou pastilla (pickup en inglés) dalgún tipo, pero usualmente refírese a un instrumento completamente electrónico.
Moitos instrumentos teñen un corpo sólido, o que axuda a previr a retroalimentación das resonancias do corpo oco baixo a gran amplificación dun escenario. Sen embargo, o timbre dun violín acústico créase directamente a causa destas resonancias, e é por elo que un violín eléctrico ten un son moito máis “crudo” que un acústico, dependendo de cómo se captura a sinal. Normalmente, os violíns eléctricos teñen un deseño minimalista e pouco tradicional, para manter o peso o máis baixo posible.
As sinais dun violín eléctrico normalmente pasan a través dun proceso electrónico, igual que unha guitarra eléctrica, para obter o son desexado. 



Unha pasada eh??!

O Baixo eléctrico

O baixo eléctrico está construido de maneira similar a unha guitarra eléctrica.
O baixo xeralmente tócase coa xema dos dedos. Aínda así, hai outras maneiras de levar a cabo a súa execución, destacándose as seguintes:
O slap golpeando co dedo pulgar, esta técnica produce un son moi percusivo, xa que as cordas do instrumento golpéanse contra o mástil. O pop estirando ou pellizcando (pizzicato), as cordas, empregando as xemas dos dedos. O tap, apoiando as xemas dos dedos sobre as cordas contra o diapasón.
A orixe do baixo eléctrico sitúase sobre o ano 1951, en Estados Unidos. O seu creador foi Leo Fender, que contruiu o seu diseño para aliviar os problemas de espazo e sonido dos contrabaixos da época, reducindo drásticamente o corpo, incorporando a amplificación eléctrica e engadindo os trastes.
O baixo normalmente ten catro cordas, aínda que podemos atopar instrumentos con un número maior de cordas e con maios número de trastes.


martes, 24 de enero de 2012

A guitarra eléctrica

A continuación pasaremos a expor os instrumentos máis característicos da familia dos electrófonos.
Comezaremos pola guitarra eléctrica.

Unha guitarra eléctrica é unha guitarra con un ou máis transdutores electromagnéticos chamados “pastillas” que convirten as vibracións das cordas en sinais eléctricas capaces de ser amplificadas e procesadas.
As terminacións do fío son conectadas a un cable e éste a un amplificador. Cando unha corda de metal vibra xunto á pastilla, perturba o campo magnético  da bobina da pastilla e este responde por analoxía xerando unha corrente eléctrica onde a onda coincide coa lonxitude e amplitude de onda da vibración da corda. A lonxitude e a amplitude de onda determina que nota sona, se é un La ou un Do, etc.

Esa sinal é aumentada polo amplificador e entón pasa ao altavoz que, ao vibrar, é o encargado de crear ondas sonoras procesadas.


Historia dos electrófonos

Aquí vos deixamos un pequeno documental sobre a historia dos electrófonos, para coñecer un pouco mellor a súa orixe.

Tipos de electrófonos


Existen dous tipos de electrófonos que se clasifican en:

Instrumentos  Electromecánicos: o son por medios mecánicos ou naturais (a vibración dunha corda, dunha columna de aire, etc) e amplifícase electrónicamente. A este grupo pertencen todos os instrumentos convencionais aos que se incorpora una pastilla ou micrófono para amplificar.
Son, por exemplo:

-A guitarra eléctrica
  
- O baixo eléctrico 
  -O violín eléctrico
Instrumentos Electrónicos:  son todos aqueles instrumentos nos que o son prodúcese, elabórase e amplifícase por medios electrónicos. Empregan un ou varios osciladores para xerar correntes eléctricas periódicas e diversos dispositivos que modifican os parámetros do son para producir una gran variedade de timbres e rexistros.
Os máis habituais son:
- O órgano
-O sintetizador
 -Batería eléctrica
¿Qué vos parece?
Se vos interesa podedes seguir descubrindo con nós aínda máis…


Os electrófonos

Boas!! No noso blog ímonos centrar nun tipo de instrumentos chamados electrófonos, vamos explicarvos qué son e cáles podemos atopar dentro desta categoría.
Son os instrumentos musicais que producen os seus sons empregando a electrónica, é dicir, o son xérase ou modifícase mediante correntes ou circuitos eléctricos. Son a familia instrumental máis recenté, apenas contan con 100 anos de historia pero en tan pouco tempo fixéronse imprescindibles para os nosos oídos.
Os instrumentos electrófonos, xurdiron na primeira década dos 40 á clasificación souschess-Hornbostel, aproximadamente en 1999.

¿¿Queredes saber máis??