Para finalizar coa explicación dos instrumentos máis característicos da familia dos electrófonos, explicaremos as Ondas Martenot.
As Ondas Martenot teñen un oscilador que xera ondas en foma de dente de serra, o cal se controla por medio dun teclado convencional e un alambre.
O teclado permite producir notas precisas sen dificultade. Tirando do anel adxunto ao alambre, o intérprete pode facer subir ou baixar o ton en gamas continuas. As ondas Martenot son un instrumento monofónico, é dicir, non produce notas simultáneas. Cando se presiona una tecla pode producirse un único son. Tamén posúe un banco de claves de expresión que lle permiten ao músico cambiar o timbre, o ataque, os harmónicos, etc., coa súa man esquerda.
A que é alucinante???
No hay comentarios:
Publicar un comentario