jueves, 26 de enero de 2012

Theremin

O Theremin foi un dos primeiros instrumentos electrófonos. Inventado polo soviético Thermen en 1919, consta dunha caixa con dúas antenas.  A antena da esquerda (dende o punto de vista do músico) ten forma de bucle e con ela contrólase a intensidade (se aproximas a man, baixa o volume e si a alonxas, sube). A da dereita é unha antena vertical coa que se controla a frecuencia (a altura do son): se acercas a man aumenta a frecuencia (máis agudo) e si a alonxas, diminúe (máis grave).
O curioso do Theremin é que sona sen que o instrumentista toque fisicamente o instrumento, xa que o son é producido pola interferencia producida ao acercar ou alonxar as mans ás dúas antenas das que consta.

A nós déixanos desta maneira :O , COA BOCA COMPLETAMENTE ABERTA!!!! E a vós??

No hay comentarios:

Publicar un comentario