miércoles, 25 de enero de 2012

O Baixo eléctrico

O baixo eléctrico está construido de maneira similar a unha guitarra eléctrica.
O baixo xeralmente tócase coa xema dos dedos. Aínda así, hai outras maneiras de levar a cabo a súa execución, destacándose as seguintes:
O slap golpeando co dedo pulgar, esta técnica produce un son moi percusivo, xa que as cordas do instrumento golpéanse contra o mástil. O pop estirando ou pellizcando (pizzicato), as cordas, empregando as xemas dos dedos. O tap, apoiando as xemas dos dedos sobre as cordas contra o diapasón.
A orixe do baixo eléctrico sitúase sobre o ano 1951, en Estados Unidos. O seu creador foi Leo Fender, que contruiu o seu diseño para aliviar os problemas de espazo e sonido dos contrabaixos da época, reducindo drásticamente o corpo, incorporando a amplificación eléctrica e engadindo os trastes.
O baixo normalmente ten catro cordas, aínda que podemos atopar instrumentos con un número maior de cordas e con maios número de trastes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario